Cabos Soltos é o programa cultural do Concello deseñado para encher de música ao vivo e artes de pequeno formato os establecementos hostaleiros da nosa cidade. Cunha aposta firme por impulsar o talento local e o tecido creativo de base, esta iniciativa municipal conforma unha Axenda Oficial estable na que os locais da cidade actúan como espazos colaboradores.
O noso obxectivo é dinamizar a escena cultural achegando a arte á cidadanía dun xeito seguro e sostible. Se eres un local ou un artista, podes darte de alta cumprindo os requisitos esixidos nesta mesma páxina.
Dunha banda, entendemos que a hostalería é un sector clave na dinamización local así como na xeración de emprego. É indiscutíbel, que algúns locais levan tempo promovendo actuacións en directo de bandas de pequeno formato, así como artistas plásticos, poetas …. sendo unha plataforma imprescindíbel para a cultura de base.
Nun contexto no que oferta de lecer vai encamiñada aos grandes eventos (que sen dúbida contribúen tamén, a economía galega e a difusión da cultura en diferentes formatos expansivos) tamén cremos, desde o concello, que é necesario acompañar esta liña de acción cun esforzo por garantir que as pequenas salas e estabelecementos poidan seguir programando.
Moito máis sentido ten promover esta iniciativa en Pontevedra, xa que desde fai moito tempo as Concellarías de Xuventude, Normalización Lingüística, Cultura e Promoción da Cidade pularon por crear unha escena creativa a través de diferentes iniciativas coma o Local de Ensaio, Artistas na Rúa, Pontevedra ten un Puntazo, Sétima Feira, Quince Bolos, Galegote, Pontepoética…. Ademais contamos cun campus especializado na creatividade e diversas iniciativas privadas vencelladas coa filosofía de Cabos Soltos.
Polo tanto, Cabos Soltos nace para visibilizar a cultura de base, e por continuar apostando pola creación emerxente, básica para manter a nosa política local de apoio á economía creativa e xorde do diálogo entre sector privado, tanto da hostalería coma cos/as profesionais da creación artística, e o sector público.
Es un/unha artista da cidade? Xenial, estámoste buscando cubre o formulario para que a túa proposta forme parte do catálogo e que os locais poidan poñerse en contacto contigo.
Es un local? Deixa os teus datos neste formulario e contactaremos contigo para adherirte a Cabos Soltos.
Axenda oficial
23out22:0023:59VENRES DE ACÚSTICOA GRAMOLA
Detalles do Evento
Data: 23/10/2026 (venres) Hora inicio: 22:00 Hora remate: 00:00 Nome do establecemento: A Gramola Enderezo: Praza de Méndez Núñez nº1 Venres de acústico con actuación en directo no interior do establecemento.
Detalles do Evento
Data: 23/10/2026 (venres)
Hora inicio: 22:00
Hora remate: 00:00
Nome do establecemento: A Gramola
Enderezo: Praza de Méndez Núñez nº1
Venres de acústico con actuación en directo no interior do establecemento.
Hora
Organizado por
23out22:3023:59DIRECTOS EN BOTICA: BELA E CHARLOBOTICA
Detalles do Evento
Data: 23/10/2026 (venres) Hora inicio: 22:30 Hora remate: 00:00 Nome do establecemento: Botica Enderezo: Praza de Méndez Núñez nº2 Concerto a cargo do dúo Bela e Charlo con temas do pop-rock de tódolos tempos. Actuación no
Detalles do Evento
Data: 23/10/2026 (venres)
Hora inicio: 22:30
Hora remate: 00:00
Nome do establecemento: Botica
Enderezo: Praza de Méndez Núñez nº2
Concerto a cargo do dúo Bela e Charlo con temas do pop-rock de tódolos tempos.
Actuación no interior do establecemento.
Hora
Organizado por
24out22:0023:59SESSION CLÁSICOS CON SERXIO INDIOA GRAMOLA
Detalles do Evento
Data: 24/10/2026 (sábado) Hora inicio: 22:00 Hora remate: 00:00 Nome do establecemento: A Gramola Enderezo: Praza de Méndez Núñez nº1 Session Clásicos a cargo do Dj Serxio Indio.
Detalles do Evento
Data: 24/10/2026 (sábado)
Hora inicio: 22:00
Hora remate: 00:00
Nome do establecemento: A Gramola
Enderezo: Praza de Méndez Núñez nº1
Session Clásicos a cargo do Dj Serxio Indio.
Hora
Organizado por
24out22:3023:59DIRECTOS EN BOTICA: DR. FLAMINGBOTICA
Detalles do Evento
Data: 24/10/2026 (sábado) Hora inicio: 22:30 Hora remate: 00:00 Nome do establecemento: Botica Enderezo: Praza de Méndez Núñez nº2 Concerto a cargo do Dr. Flaming, con temas do pop-rock de tódolos tempos. Actuación no exterior do
Detalles do Evento
Data: 24/10/2026 (sábado)
Hora inicio: 22:30
Hora remate: 00:00
Nome do establecemento: Botica
Enderezo: Praza de Méndez Núñez nº2
Concerto a cargo do Dr. Flaming, con temas do pop-rock de tódolos tempos.
Actuación no exterior do establecemento.
Hora
Organizado por
25out13:0015:00SESIÓN VERMÚSICOS EN MÉNDEZ NÚÑEZ: A MOSCA VALENTE
Detalles do Evento
Data: 25/10/2026 (domingo)Hora inicio: 13:00Hora remate: 15:00Nome do establecemento: A GramolaEnderezo: Praza de Méndez Núñez nº1 Concerto da
Detalles do Evento
Data: 25/10/2026 (domingo)
Hora inicio: 13:00
Hora remate: 15:00
Nome do establecemento: A Gramola
Enderezo: Praza de Méndez Núñez nº1
Concerto da Mosca Valente para amenizar o mediodía do domigo na Praza de Méndez Núñez.