ARTISTAS
Antón ke Cabos Soltos 12

Antón ke

Músico e cantautor acompañado de ukelele e looper, con anos de experiencia facendo composicións propias en lingua galega, con temáticas a prol da nosa cultura, a defensa do medio ambiente e dos dereitos humanos.

Defino a piña música como ” Ukelele de batea con ritmos furancheiros, bebo dos licores do blues, reagge, ska, rumba e tradicional acompañado do sabor de letras reivindicativas e retranqueiras.

Formo parte dos contacontos musicados “Polo correo do vento” (2016-2023), é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis cativo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das crianzas. Con eles actuei nas pasadas edicións do Salón do Libro de Pontevedra, Festiletras, Festival de Cans, etc.

Tiven o enorme pracer de ser “a banda” do late night gastro- cultural “Hai caldo” emitido na Televisón de Galicia no ano 2020. Por outra banda, colaborei coas miñas composicións nas obras de teatro de “Moitomorro Teatro” (2016- 2017).

Tamén realizei concertos en festivais culturais (Milloverde, Rockin Vila, Ventorock, Miúdo fest, ArteLixo,Antrospinos, etc.), así como en diferentes locais de música en directo na provincia de Pontevedra (Aturuxo, Jamarte, Lusco e Fusco, A discotasca, Sala Rebullón,Brisa Chriringo,O enxebre Cambados etc.)

Estilo

Blues, Electrónica, Música de Autor, Punk, Tradicional, Outra

Enlaces de interese