Boas, chámome Lucas Martínez en son integrante da agrupación e novo proxecto de espectáculo navideño “Así Manho”.
Somos unha formación jazzística cunha proposta de standards navideños.
O noso estilo e enfoque neste proxecto baséase nas grandes figuras deste xénero, coma Vince Guaraldi (Christmas is here), Meredith Wilson (Its beggining to look a lot like christmas) ou Jule Styne (Let it snow). Estilo que así mesmo foi inmortalizado ao longo do Século XX por innumerables músicos da talla de Benny Carter, Duke Ellington, e nos días que corren por Michael Bublé ou Maríah Carey.
A través de 20 composicións coidadosamente seleccionadas (ata 2 horas de duración) acádase unha doce concentración de elegancia e espírito invernal para nenos e adultos.
Da máxima calidade musical, duro traballo e paixón polo noso, nace “Así Manho”, unha proposta para tódolos públicos os que deleitará coa beleza dos paisaxes sonoros do smooth jazz, e cos ritmos aluviais do swing e a bossa nova.
Formación:
– Voz y teclado, Tania Vidal.
– Guitarra, Marcos Pan.
– Trompeta, Istvan Rodríguez.
– Batería, Isidoro Baúlo.
– Contrabaixo, Lucas Martínez.
Así mesmo, contamos cun técnico de son que coñece ben a formación. Tentando así obter o mellor resultado posible nos concertos en todo o que está na nosa man.
O noso presuposto é de 1000 euros + IVA.
No caso de ser nós os responsables de levar o equipo de son pertinente, o cache sería de 1250 + IVA polos gastos de aquilo do mesmo.
Neste correo deixamos o enlace a YouTube no que poderedes ver unha pequena mostra do noso traballo.
Moitas gracias pola atención e quedamos á espera dunha resposta.
Un cordial saúdo, “Así Manho”.