ARTISTAS

Banda Zaragallada

Banda Zaragallada é unha banda formada no ano 2021 por catro músicos e cantantes de longa traxectoria en todo tipo de grupos, que interpretan os temas do disco “Zaragallada”. Os seus membros son: Anxo Xesteira Serrano, Carlos Yus Respaldiza, Borja García Paz e Isi Baúlo Piñeiro

Os concertos de Banda Zaragallada caracterízanse pola variedade de estilos (pop, rock, ska, folk, ritmos latinos, baladas…) e de temáticas (reivindicación da lingua, crítica social e política, feminismo, amor, defensa da natureza…) onde predomina un ton humorístico e festivo.

Estilo

Rock, Pop, Música de Autor

Enlaces de interese