ARTISTAS

BEIRARRÚA

Beirarrúa é unha banda musical, que naceu alá por agosto de 2020 en Pontevedra.
Pablo Cobos (voz e guitarra rítmica), Xacobe Lamas (coros e guitarra solista) e Juamba (coros e baixo eléctrico), amigos de Compostela de toda a vida, reencontráronse para facer a súa propia música. Posteriormente incorporouse Koldo (batería) e recentemente Roi Earan (guitarra).
O 21 de maio de 2022 Beirarrúa daba o seu primeiro concerto no bar O Diaño (Pontevedra) e desde entón seguimos ofrecendo a nosa música a quen queira escoitala.
O son da banda pode arrecender a toda aquela música rock, punk, pop,… que tanto gozamos nos anos 80, pero cargada dunha orixinalidade propia e dunhas letras cargadas de poesía e compromiso.

Estilo

Rock, Pop, Blues, Música de Autor, Punk

Enlaces de interese