ARTISTAS
Camerata Arven

Camerata Arven

Creada en 2015, Camerata Arven reúne a músicos profesionais con experiencia no ámbito da interpretación e da docencia.A formación, composta de 11 músicos e profesores afincados en Pontevedra e arredores, é dinámica no seu repertorio e formato, xa que inclúe dende solistas con acompañamento de piano ata as grandes estructuras camerísticas. O seu principal obxectivo é o fomento do interese pola extensa literatura da música de cámara mediante unha programación accesible, variada e orixinal, e a colaboración con artistas locais doutras disciplinas: danza, artes plásticas, teatro, etc.

Entre a variada programación de concertos da Camerata, o seu proxecto de maior relevancia é o ciclo “Do silencio á emoción”, que se presenta anualmente no auditorio Afundación de Pontevedra.
Integrantes: Cristian Álvarez, violín I; Carmen Gallego, violín II; Irene Portela, viola; Alex Costa, violonchelo; Raquel Miguélez, contrabaixo; Iago Lariño, frauta; Nacho García, oboe; Javier Morgade, clarinete; María Pilar Simeó, trompa; Daniel Otero, fagot; Paula Gago, piano.

Estilo

Clásica

Enlaces de interese