Son Carlos Cambre, desenvolvo a miña carreira artística principalmente no eido da fotografía, así como noutros medios como o vídeo-arte, a arte sonora e a pintura. Abordo temáticas como a relación entre o ser humano e a natureza, a memoria e a identidade. Interésame especialmente o espazo psicolóxico que se crea entre a visión do mundo e o individuo, como amoso no proxecto que presento aquí: ‘Identidade e territorio’, cuxa exposición forma parte, ata o 27 de xullo, da oferta cultural do Museo de Cambados, o Pazo Torrado. Este proxecto alude a conceptos como a conexión entre a personalidade e a contorna, así como á nostalxia e á beleza inherentes á paisaxe natural, procurando configurar, a través desas paisaxes, un retrato persoal íntimo. Engado un dossier en .pdf con toda a información detallada: as imaxes que forman a exposición, currículo, premios, aparicións na prensa, etc.