Corpo Nu é un proxecto do produtor e compositor galego David Alonso, centrado no pop melódico con tintes de electrofolk. As cancións, interpretadas integramente en galego, combinan guitarra e voz con elementos electrónicos, dando lugar a unha sonoridade coidada e contemporánea. No proxecto, as letras teñen un papel fundamental, ao mesmo nivel que a música, e todo o proceso creativo (desde a composición ata a produción) corre a cargo do propio creador.
Formado en Creative Music Production pola Novia University of Applied Sciences (Finlandia) e en Educación Musical pola Universidade de Vigo, David Alonso une a súa experiencia artística, tecnolóxica e pedagóxica nun proxecto que aposta pola innovación musical.
En conxunto, Corpo Nu preséntase como unha proposta de fusión de xéneros, co pop como eixo central da súa identidade sonora.