ARTISTAS

Helena Egea

Artista solista de 24 anos con varios proxectos musicais en solitario e en banda, na que destaca Saving Helen Band. Son cantante, con estudos de violín, xunto co coñecemento autodidacta da guitarra e o piano. Comecei a compoñer a miña música dende moi nova e no meu proxecto en solitario dou luz á miña propia música e tamén as cancións de referencia pra min que se nutren do soul, do blues, e do rock sobretodo. Estudei en Santiago de Compostela e é onde fixen os meus primeiros concertos con banda e solitario, en locais e no Rock Is Dead Fest, entre outros. En Pontevedra, tras gañar o segundo premio de música dos Premios a Xuventude 2020, intento participar do panorama musical e cultural, o último proxecto no EscaparArte en maio do 2021.

Estilo

Rock, Pop, Blues, Acústica, Jazz, Música de Autor, Soul

Enlaces de interese