ARTISTAS

Liberad al Kraken

Liberad al Kraken é un grupo creado por músicxs de Pontevedra.

Dende o noso comezo, publicamos de xeito autoxestionada dous EP e numerosos sinxelos. Todos están dispoñibles en Spotify e demais plataformas.

Cada composición é unha evolución ata atopar o noso estilo, onde actualmente caracterízase por unha fusión de estilos entre Punk e Metal, con toques de Folk e Electrónica. Fomos gañadores da X Edición do concurso de bandas do Ameixa Rock 2022, ano no que comenzamos a tocar en directo.

Os nosos temas baséanse en berregar e en protestar, de calquer tema que creamos interesante.

Gústanos expresar nas letras a retranca e a sátira, pero sobre todo pasalo ben e facer que o público goce do show. Os nosos directos convalidan o ximnasio de tanto que facemos choutar, ¿apúntaste?.

Estilo

Punk, Metal

Enlaces de interese