ARTISTAS

Manu Díaz Trío

Manu Díaz Trío é unha banda formada por Rubén iglesias á batería, Berto Rial ao contrabaixo e Manu Díaz á Guitarra, todos eles formados no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

O repertorio desta banda é moi ecléctico e enerxético. Nel pódense atopar as diferentes e moi variadas influencias dos tres membros, dende Miles Davis ata Alice in Chains, pasando pola música brasileña, o jazz tradicional e o rock de finais dos sesenta.

Este trío foi o encargado de abrir as Jams Sessions do bar Diaño dende octubre de 2019 ata marzo de 2020, ademáis tocaron no ciclo Jazz Na Rúa en Pontevedra no verán de 2020; tamén no 2020 e no 2021 tocaron no Festival de Jazz da Armenteira.

Na actualidade están a traballar no seu primeiro traballo discográfico.

Estilo

Jazz

Enlaces de interese