ARTISTAS
Naitinain

Naitinain

Naitinain é un proxecto musical afincado en Galicia, que mestura pop e rock con sons experimentais que derivan da fusión de recursos tradicionais como a gaita ou a frauta traveseira, con guitarras e ritmos característicos da escena alternativa nacional. As súas letras transmiten unha mensaxe irónica sobre as inquietudes da xuventude de hoxe en día, da que forman parte, atendendo a emocións e situacións cas que calquera persoa pode sentirse identificada. Nados no 1999 (motivo que da nome ao grupo), e sen ter moita idea de nada, Álvaro, Óscar, Pedro, Unai e Carlos deciden, no 2019, converter o grupo de amigos que forman dende a escola nunha agrupación musical. Combinar estilos, coidando a súa orixe e ofrecendo un son atractivo para as novas xeracións, é a base desta proposta, e a través desta mesma, a banda galega pretende compartir a súa música e súa forma de entendela con toda persoa interesada en explorar e coñecer novos ritmos e experiencias cas que conectar.

Estilo

Rock, Pop

Enlaces de interese