ARTISTAS

O Cadelo Lunático

O Cadelo Lunático é un proxecto fundado en 2015 por Javier Prado (Moondogs Blues Party), que viña de gañar o premio Talentos ELPAÍS e quedar semifinalista no International Songwriting Competition en Nashville, entre máis de 15.000 proxectos internacionais.

Nace coa publicación do disco debut, Malos Tempos (2015, Inquedanzas Sonoras) presentado ese mesmo ano na Feira das Industrias Culturais, Culturgal. Toda unha declaración de intencións coa que trata de aportar música de raigame blues en galego, con letras que reflicten o momento social que nos toca vivir nesta época, incluindo ademais poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro ou poetas actuais como Cristina Corral Soilán.

Estilo

Rock, Blues, Soul

Enlaces de interese

X