ARTISTAS
O Galpón Lab

O Galpón Lab

O Galpón Lab é unha asociación de novas creadoras e creadores, creativas en diferentes disciplinas, que desenvolven principalmente funcións de xestión, creación e divulgación do ámbito cultural galego.

O obxectivo desta asociación é promover a creación artística e o intercambio cultural. Como asociación ofrecemos apoio a artistas emerxentes, visibilidade e orientación nos seus proxectos.

Comprometémonos a traballar de forma creativa, orixinal e sostible, favorecendo o consumo responsable e de proximidade, conformando unha comunidade vinculada ás prácticas artísticas co fin de compartir, axudar e enriquecerse mutuamente.

Dentro do noso directorio de artistas, contamos con máis de 20 persoas asoaciadas expertas en distintas áreas de creación.

Estilo

Fotografía, Ilustración, Cómic, Pintura, Escultura, Vídeo, Outra

Deseño, textil, etc.

Enlaces de interese