Meu nome é Roque Beloso Abilleira. Estou graduado en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto. En 2018, durante o meu segundo ano de carreira, tiven unha asignatura de fotografía, nela tiven o meu primeiro contacto cunha cámara reflex e descubrín o que sería dende ese momento a miña maior paixón.
Comencei a aprender de maneira autodidacta como mellorar as miñas fotos, mediante libros, vídeos e sobre todo buscando inspiración en diferentes fotógrafos.
A modo de currículum fotográfico destacaría:
- Premio á Serie Fotográfica nos IV Premios Provinciais á Xuventude da Deputación de Pontevedra (Viaxe polo norte).
- Traballo fotográfico realizado para un artigo no xornal dixital Trentayseis (Yayo Daporta: “La idea es que nuestra cocina tenga mucha identidad con Cambados”).
- Sesión fotográfica de moda para catálogo da tenda Bottina.