ARTISTAS

Toma de Terra

O Colectivo de Toma de Terra é un pequeno conxunto de artistas disidentes, de aquí e de alá, que pretende achegarse á música tradicional dun xeito alternativo baseándose na improvisación. Por entre as súas pezas percorrerán cromatismos sonoros que mudarán dende a raíz máis arcaica das pandereteiras ata sintes electrónicos distorsionados, pasando por performances de danza contemporánea e poesía.

Primando sempre a música para o baile, a súa proposta aspira moverse polo senso da versatilidade e transversalidade, podendo achegarse así a diferentes públicos, mais tamén procurando diferentes formatos musicais e estruturais.

Estilo

Electrónica, Tradicional

Enlaces de interese