Son un artista visual con máis de 25 anos de actividade creativa, membro da Asociación Española de Pintores e Escultores (AEPE), cunha ampla formación artística. O meu traballo artístico desenvólvese entre os abstracto e o figurativo, con maior inclinación cara á paisaxe urbana, en técnicas como a acuarela/cartolina e o acrílico/lenzo en formatos variables.
FORMACIÓN ACADÉMICA.
2022_Máster “Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte”, Santiago de Compostela.
2006_Grao en Belas Artes, a Habana, Cuba. 1995_Formación Profesional en Artes, “Gravado”, Cuba.
DOCENCIA UNIVERSITARIA.
Do 2006 ao 2013 desenvolvinme como Docente Universitario da materia de Pintura na Facultade de Artes Visuais da Universidade das Artes da Habana, Cuba.
EXPOSICIÓNS.
Participei en varias exposicións individuais e colectivas, e en concursos nacionais e internacionais con premios e mencións. A miña obra pódese apreciar en Fundacións e Coleccións privadas de disímiles países en América e Europa.