Son músico de formación clásica e folque, habitual da escena underground pontevedresa e galega. Entendo a música coma un todo no que os estilos non son pechados e a fusion entre eles é parte fundamental pra poder chegar a unha visión con entidade propia. Multiinstrumentista, o acercamento á música electrónica ven tanto pola correntes actuais que fusionan piano contemporaneo cos sintetizadores como polas novas tendencias que xuntan a música folque ca de baile electrónico
Nos meus sets é habitual atopar ritmos ternarios ou amalgamas, como as muiñeiras e demais ritmos tradicionais, drones lentos e pesados, como os roncos das gaitas ou os das sanfonas ou arpexios inspirados ou compostos con pianos clásicos ou harpa celta