CÓMICAS, HABELAS HAINAS!
11mai21:0022:30CÓMICAS, HABELAS HAINAS!ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CABIDA
Detalles do Evento
Esta proposta da Deputación de Pontevedra, coordinada pola actriz, xornalista e cómica viguesa Jazmín Abuín, nace da idea de rachar cos prexuízos que aínda hoxe
Detalles do Evento
Esta proposta da Deputación de Pontevedra, coordinada pola actriz, xornalista e cómica viguesa Jazmín Abuín, nace da idea de rachar cos prexuízos que aínda hoxe moitas compañeiras de profesión seguen a sufrir, especialmente en Galicia, como mulleres no eido da comedia. Aínda hai entidades que teñen medo a contratar cómicas ou directamente néganse a facelo. En xeral, e sen ter en conta o seu traballo nin a súa traxectoria, “a comedia feminina non funciona”, din moitos, coma se fose un xénero por si mesmo. Cando se ven catro cómicos nun cartel, ninguén fala de “comedia masculina”, simplemente considérase un espectáculo de comedia. Mentres que, porén, se hai só mulleres, semella que só pode tratar dalgunha temática en concreto.
Estes prexuízos tamén se observan na audiencia; moitas veces, ao final dun espectáculo, parte do público masculino achégase ás cómicas, sorprendido, con comentarios coma: “vin coa miña moza e ao final rinme case máis ca ela”, “non viña moi convencido, pero encantoume” ou “tiña medo do que me ía atopar, pero resulta que estivo xenial”.
Un claro exemplo é El Club de la Comedia, onde Jazmín Abuín traballa actualmente, polo que fala con coñecemento de causa. A pesar de ser un dos espectáculos onde a paridade está máis cerca, aínda hai o triplo de cómicos que de cómicas. Ademais, dos catro comediantes que actúan en cada función, a combinación adoita ser de tres homes e unha muller. O público do club é o máis parecido ao dos concellos, especialmente en Madrid; é xente de moitas cidades de España que normalmente vai ver o espectáculo como parte da súa experiencia de fin de semana ou de vacacións, polo que unha gran parte é de fóra de Madrid. É un público que acode agardando atoparse o que leva escoitando toda a vida na televisión: chistes con tintura machista, na maioría das veces. Pero cando se lle ofrece algo distinto tamén o agradece, e opina así cando abandona os teatros e auditorios.
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra