CONCERTO 'AS RÚAS DO VENTO CEIBE'
29mai20:3022:00CONCERTO 'AS RÚAS DO VENTO CEIBE'ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CABIDA
Detalles do Evento
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o vindeiro 29 de maio, ás 20:30 h, un concerto no que participarán máis de 300 coralistas e
Detalles do Evento
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o vindeiro 29 de maio, ás 20:30 h, un concerto no que participarán máis de 300 coralistas e instrumentistas que, baixo a dirección de David Fiuza, interpretarán poemas de Manuel María, Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro. Entrada libre ata completar cabida.
Trátase dun destacado proxecto colectivo promovido pola Fundación Manuel María, que ten como finalidade poñer en valor a obra As rúas do vento ceibe a través da súa adaptación musical. O compositor Xosé Carlos Seráns é o responsable da creación das pezas, que serán interpretadas por unha formación musical de grande relevancia, integrada pola Orquestra Sinfónica de Pontevedra e unha ampla representación coral de Galiza.
Participarán un total de oito corais —cinco de adultos e tres de nenos e nenas—, ademais dunha soprano solista, configurando un conxunto artístico que reflicte a envergadura e a calidade desta iniciativa, chamada a converterse nun evento de especial significación cultural e emotiva.
Interpretación musical: Orquestra Sinfónica de Pontevedra
Voz solista mezzosoprano: Julia Portela Piñón
Coro de adultos:
- Coro de Cámara Thalassa de Marín
- Coro do Hospital de Lugo
- Coro Liceo de Vilagarcía
- Coral de Solfa de Santiago
- Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra
Coro infantil:
Peque Coro In Crescendo de Ferrol
Voces da Terra Chá (Lugo)
Coro IES A Xunqueira de Pontevedra
Director: David Fiuza.
Hora
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura