UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Un limiar refire o tránsito. O concepto de «atravesar o limiar», tan característico de ritos e cerimonias de paso, está presente en infinidade de culturas
Un limiar refire o tránsito. O concepto de «atravesar o limiar», tan característico de ritos e cerimonias de paso, está presente en infinidade de culturas desde tempos ancestrais e sempre implica un corpo en movemento nunha danza social feita acontecemento.
O famoso arquetipo do «gardián do limiar» remite a aquelas figuras que adquiren as formas dos nosos medos máis íntimos: vixían o limiar pero non para negarnos a entrada, senón para animarnos a vivir o labirinto oportuno que posibilita a transformación e, por tanto, o paso. É necesario vestir as peles das bestas, habitar as máscaras. Vibrar coa forma do monstro e incorporar a diferenza.
Entradas en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, desempregados e maiores de 65) Abono para 3 espectáculos do ciclo, 15€
Auditorio do Pazo da Cultura
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.