UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

DO FINAL E DO COMEZO 2024

13dec(dec 13)19:0012xan(xan 12)14:00DO FINAL E DO COMEZO 2024DO 13 DE DECEMBRO AO 12 DE XANEIRO. ENTRADA LIBRE NO HORARIO HABITUAL.

Detalles do Evento

Do 13 de decembro 2024 ao 12 de xaneiro de 2025

Inauguración: venres 13 de decembro ás 19.00h.

Horario de apertura de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechada.

Un ano máis a exposición colectiva Do final e do comezo, reúne unha selec- ción de proxectos artísticos resultado dun longo e intenso proceso de inves- tigación e creación xermolado e construído na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Realizados con motivo da última proba académica a superar, a presentación dos chamados TFG, representa o broche final dunha etapa de aprendizaxes, experimentacións e transformacións, para dar paso a novos camiños. Camiños múltiples, diversos e en constante movemento. Como se dun pequeno ruído visual se tratase, os seguintes pasos a dar tórnanse, emocionantes e inesperados.
Unha selección composta de vinteoito Proxectos Fin de Grao reflicten os intereses e inquietudes de toda unha promoción. Conceptos e temas for- mulados a través dunha ampla diversidade de formatos, técnicas e procesos creativos. Atopándonos con creacións audiovisuais, esculturas, cerámicas, pinturas, pezas inmersivas, videoxogos, debuxos, fotografías, instalación…
Descubriremos o fascinante universo que unha nova xeración de artistas de- buxaron e deron forma para falar da identidade persoal e colectiva da conexión co territorio nunha sociedade en deterioro. Conceptos como a procura do senso creador, a memoria familiar, a memoria histórica e o consumismo como parte da nosa identidade conforman o fío condutor dunha mostra, sempre honesta, sempre reflexiva e transformadora. Un final que alberga novos traxectos.
Por moitos máis comezos.

Artistas:
Ainoa Simons , Anxo Rodríguez, Bruno Castro, Candela Eirea Orro
Celia Vilariño, Cris Souto, Daniela García Ciaño, Delia Vázquez González
Esperanza Valentina, Gloria Liñares Iglesias, Goa Vázquez, Iago Rodríguez
Irene Ávila Carreira, Iria González Vidal, Luca Carrero, Luisa Caperán
Manuel Alejandro Balsas Navarro, María Tabernero Mateo, María Ángeles
Vecino Iglesias, Marta Suárez Pampín, Mencía G. Fana, Montserrat Gay Varela
Nerea Santiago García, PacoPez, Samuel Chacón Uría, Taro, Victor Chamorro
Rodríguez e Yas de Luaces

Hora

13 decembro, 2024 19:00 - 12 xaneiro, 2025 14:00(GMT+01:00)

Localización

Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra