UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

INCRICIÓNS ARTEXOGA - OBRADOIRO EXPRESIÓN DRAMÁTICA E ARTÍSTICA CON MIGALLAS TEATRO

04dec(dec 4)15:3011(dec 11)15:00INCRICIÓNS ARTEXOGA - OBRADOIRO EXPRESIÓN DRAMÁTICA E ARTÍSTICA CON MIGALLAS TEATROINSCRICIÓN ABERTA ATA O 11 DE DECEMBRO EN APUNTATE.PONTEVEDRA.GAL

Detalles do Evento

Ata o vindeiro luns 11 de decembro amplíase o prazo de inscrición para participar en Artexoga, talleres de expresión dramática, plástica e musical

Cultura e Normalización colaboran para organizar obradoiros de xogos tradicionais para crear un espazo de socialización en galego.

Serán de xaneiro a abril no Pazo da Cultura.

As Concellerías de Cultura e Normalización Lingüística organizarán no Pazo da Cultura a partir de xaneiro de 2024 tres obradoiros impartidos por Migallas Teatro baixo o nome Artexoga. Trátase de tres talleres dirixidos a nenas e nenos onde se desenvolverán actividades de expresión dramática, plástica e musical, así como xogos tradicionais para crear un espazo de socialización en galego. Cada obradoiro constará de 14 sesións de hora e media adaptadas aos períodos lectivos escolares entre xaneiro e abril de 2024 a razón dunha sesión semanal e distribuídas consonte os seguintes días e idades:

• Taller 1: de 8 a 11 anos. Os luns de 18.00 h a 19.30 h. Número de participantes: 25

• Taller 2: de 5 a 7 anos. Os mércores de 17.30 h a 19.00 h. Número de participantes: 35

• Taller 3: de 5 a 7 anos. Os xoves de 17.30 h a 19.00 h. Número de participantes: 35

 Prezo: 50 € por todo o obradoiro, co material incluído

As solicitudes de inscrición enviaranse a través do formulario Artexoga en apuntate.pontevedra.gal

As prazas non se adxudicarán por orde de entrega da solicitude de preinscrición senón que, no caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, farase un sorteo público no que se escollerá ao chou unha letra. Esta será a letra do primeiro apelido a partir do que se elaborará a listaxe de participantes. Terán preferencia as solicitudes das persoas con domicilio en Pontevedra.

Calendario de preinscrición:

• Prazo de preinscrición: ata o 11 de decembro en apuntate.pontevedra.gal

• Sorteo (se for preciso):  12 de decembro ás 10.00 h no Pazo da Cultura

• Antes do 16 de decembro comunicaráselle por correo electrónico a cada unha das persoas solicitantes se obtivo praza no obradoiro solicitado ou se entrou na listaxe de agarda

Hora

4 decembro, 2023 15:30 - 11 decembro, 2023 15:00(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra