UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

MARTES DE CINECLUBE - "R.M.N"

19set20:3022:05MARTES DE CINECLUBE - "R.M.N"ASÓCIATE AO CINECLUBE PONTEVEDRA E GOZA DA PROGRAMACIÓN

Detalles do Evento

Cristian Mungiu, 2022, Romanía, 95 min., VOSE. Lingua: romanés, húngaro, alemán, inglés, francés e cingalés

Uns días antes do Nadal, Matthias volve á súa vila natal en Transilvania tras deixar o seu traballo en Alemaña. Mentres trata de implicarse na educación do seu fillo, a tranquilidade da vila vese truncada cando unha empresa local decide contratar traballadores estranxeiros. As frustracións, os conflitos e a tensión racial afloran, rompendo a aparente paz da comunidade.

Mungiu, que fora Palma de Ouro en 2007 por 4 Meses, 3 semanas, 2 días, é un dos grandes autores da Nova Vaga Romanesa. Con R.M.N., que competiu na sección oficial de Cannes, devólvenos á encrucillada centroeuropea cun «maxistral e desesperanzado relato da morte do humanismo en Europa» (El Cultural).

Hora

19 setembro, 2023 20:30 - 22:05(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra