UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO - ALTSASU DE LA DRAMÁTICA ERRANTE

22abr21:0022:15PONTEATRO - ALTSASU DE LA DRAMÁTICA ERRANTEENTRADAS Á VENDA EN ATAQUILLA.COM 8€ (4€ REDUCIDO) ABONO PARA TODO O CICLO 32€21:00 - 22:15

Altsasu

Detalles do Evento

Ficción creada a partir do caso Altsasu

Na madrugada do 15 de outubro de 2016 prodúcese ás portas do bar Koxka, en Altsasu (Navarra) un altercado no que se viron implicadas varias veciñas do pobo, dous axentes da Garda Civil e as parellas destes. O resultado foi de dous detidos e un nocello roto. En menos de 24 horas Altsasu convértese nun estudio de televisión e en menos dun día e medio o caso é un asunto de Estado. Os denunciantes néganse a declarar ante a Policía Foral, algo que si fan ante os seus compañeiros da Garda Civil.

O xiro deste dantesco espectáculo prodúcese cando COVITE, o Colectivo de Vítimas do Terrorismo no País Vasco, denuncia os feitos ante a Audiencia Nacional. Esta organización introduce a acusación de terrorismo e o operativo policial contra nove persoas ponse en marcha. Sete delas ingresan en prisión inmediatamente. Á vista oral que comeza o 16 de abril de 2018 chégase con peticións fiscais de entre 62 e 12 anos de prisión para oito delas. O xuízo é seguido con expectación en todo o Estado español polo que pode significar un recorte das liberdades e o abuso da expresión “terrorista” que impulsa a Fiscalía para unha pelexa de bar.

Dramaturxia e dirección: María Goiricelaya

Elenco: Egoitz Sánchez, Ane Pikaza, Nagore González, Aitor Borobia 

Duración 75 minutos.

Venda anticipada en www.ataquilla.com | Prezo por función 8€ – Estudantes, parados e xubilados 4€. Abono para todas as funcións: 32€

As entradas a prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00 - 22:15

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra