UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Ponteatro- Othello de Voadora no Pazo da Cultura

02abr20:30Ponteatro- Othello de Voadora no Pazo da Cultura

Detalles do Evento

Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano se namoran. Porén, contra o final do texto, ela morre asasinada por el. Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Unha mentira que, a súa vez, xorde da inseguridade e da crenza de entender, como propio, o que non se pode posuír.

#BlackLivesMatter, #NiUnaMenos, #Posverdad e #FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que hoxe en día resulta próxima no tempo: En España, desde o ano 2013, morreron 1.053 mulleres asasinadas pola violencia machista.

Esta nova versión nova visión que se constrúe coa apertura do espazo íntimo, as conversas e accións do universo feminino a través das personakex de Desdémona, Emilia e Bianca. Utilizando a comedia como xerador de discurso sobre a dor e a raiba, preguntámonos que podemos facer, desde o noso presente, para deter o tempo no relato. Xusto aquí: Non hai tempo, é tarde (estrangúlaa) Othello, Acto V.ii

Deter o tempo e voltar sobre os pasos da historia para entender como chegou até ese punto. Detelo e propor ao público un debate arredor da construción do xénero, a percepción dun-ha mesmo-a e as relacións, e a propia estrutura, do sistema patriarcal.

Entradas á venda en a Ataquilla.com a un prezo de 8€+ gastos. (4€ para estudantes, desempregadxs e maiores de 65) e de non esgotarse, 1h. antes do espectáculo na billeteira do Pazo.

Hora

2 abril, 2022 20:30(GMT+02:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra