UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Con permiso de Calderón da Barca, Teatro sin papeles propón un xiro copernicano. Os soños son vida porque impulsan os pés no camiño e as mans nas tarefas
Con permiso de Calderón da Barca, Teatro sin papeles propón un xiro copernicano. Os soños son vida porque impulsan os pés no camiño e as mans nas tarefas que se antollan necesarias. Co pano de fondo da inmigración, o actor, protagonista dese drama na vida real, sobrevoa sobre a súa experiencia para suxerirnos un cambio de perspectiva. A historia que conta é tamén a historia de todos nós. A proposta do texto obríganos a ler este monólogo en relación aos grandes dramas da nosa literatura máis universal. O resultado é un traballo espido, honesto e emotivo que o espectador pode completar ao finalizar a representación. Entrada libre ata completar cabida.
Salón Actos do Pazo da Cultura
Alexandre Bóvedra s/n
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.