Coa literatura e o xogo como fío condutor e Colombia como cultura convidada o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil organizado polo Concello de Pontevedra, programa entre o 21 de abril e o 7 de maio máis de 300 actividades (contacontos, obradoiros, espectáculos, actividades para bebés, faladoiros para adultos, roteiros, etc) que podedes consultar, ao igual que a información de reserva ou compra de entradas en www.salondolibro.gal onde tamén podedes descargar o programa.
A inauguración terá lugar o venres 21 ás 18.30h cun espectáculo exclusivo e de balde no auditorio do Pazo da Culta. As portas do Salón abrirán ao remate deste, cara as 19:30h.