UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Joan Terol: batería Alberto Rodriguez: saxo tenor Javier Abraldes: guitarra Daniel Corral: piano Paco Charlín: contrabaixo
Joan Terol: batería
Alberto Rodriguez: saxo tenor
Javier Abraldes: guitarra
Daniel Corral: piano
Paco Charlín: contrabaixo
Joan Terol comeza a tocar a batería aos 14 anos co profesor *Àngel Hernàndez na Escola de Música Xilòfon de Reus. Máis adiante trasládase a Barcelona para estudar en L’Aula de Música Moderna i Jazz con Quim Solé e, posteriormente, na ESMUC lo con Jo Krause, Joan Monné eFrancesc Capella, onde obtén o título de batería de jazz en 2010. Un ano despois decide trasladarse á capital dos Países Baixos para estudar un máster de interpretación no Conservatorium van Amsterdam, cidade onde desenvolveu gran parte da súa carreira profesional como intérprete. A principios de 2020 trasládase a vivir a Berlín.
Ao longo da súa carreira gravou uns cincuenta discos e tocou nalgúns dos clubs e festivais de jazz internacionais máis importantes con músicos recoñecidos como Benny Golson, Le Konitz, Jorge Rossy, Jesse Davis, Maria Schneider, Jesse van Ruller, Joe Magnarelli, Grant Stewart, Ben van Gelder, Reinier Baas, Joris Roelofs, Dena DeRose, Carla Cook e Aruán Ortiz, entre outros. Durante os anos de formación asistiu a varias clases maxistrais, de entre as cales destacan as de Elvin Jones, Branford Marsalis, Bobby McFerrin, Greg Hutchinson, Bill Stewart, Brad Mehldau, Mulgrew Miller e Peter Erskine.
Foi premiado con diferentes formacións en Dutch Jazz Competition, Keep An Eye International Jazz Award, The Rercords Award, Getxo Jazz Competition, Premios Enderrock e Premios AMJM.
Como docente, deu clases de batería na aula de Música Moderna e Jazz de Reus, na Music For Life de Ámsterdam e na Greifmusic de Berlín, ademais de impartir numerosas masterclass e talleres no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares, nos Talleres Musicais de Aviñón e na Associazione Musicale Francesco Manzato de Treviso, entre outros.
Actualmente, tamén é profesor no Conservatorio de Música de Reus
Entradas xa á venda en Ataquilla.com a un prezo de 3€ e de non esgotarse, unha hora antes de cada espectáculo na billeteira do Principal.
(Sábado) 21:00 – 22:00(GMT+02:00)
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
10abr20:0021:30O CMUS MANUEL QUIROGA NO PRINCIPALEntrada de balde ata completar cabida
(Mércores) 20:00 – 21:30(GMT+02:00)
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para o grupo, chamada Helen Keller, que se convirte nunha celebridade ao ser a primeira persoa xordocega
Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para o grupo, chamada Helen Keller, que se convirte nunha celebridade ao ser a primeira persoa xordocega en obter un título universitario (1904). Pero ao investigar vanse descubrindo outras facetas desconcertantes da súa figura que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente, nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que Helen Keller é un fake, incluíndo unha petición para eliminala da historia…
Idea orixinal: Chusa Pérez. Dirección e dramaturxia: Xron. Elenco: Ángela Ibáñez, Patricia de Lorenzo e Chusa Pérez.
Duración: 80´
Espectáculo en lingua de signos (LSE) e lingua falada (galego) con textos proxectados en galego
Entradas e abonos xa á venda en Ataquilla.com. As entradas, de non esgotarse na vanda anticipada, estarán á venda unha hora antes na billeteira do Principal.
(Xoves) 21:00 – 22:20(GMT+02:00)
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
12abr20:3021:30‘Mariana’ de la Phármaco – Danza contemporánea e flamenco primitivo
Mariana é unha obra onde o flamenco primitivo e a danza contemporánea lánzanse á area, como animais de especies distintas que comparten a celebración e
Mariana é unha obra onde o flamenco primitivo e a danza contemporánea lánzanse á area, como animais de especies distintas que comparten a celebración e a miseria. Como nos cantes de besana, de arar ou nas marianas (cantes primitivos flamencos que aparecen na obra) os homes do campo protexen, precisan e maltratan ao mesmo tempo os seus animais femia: eguas, mulas, cabras. Luz Arcas recrea de forma libre a potencia do animal, vestida cos apeiros propios dos animais de carga e exhibición andaluces, e o espazo sonoro viaxa polos cantes jondos camperos, as cornetas das festas populares e as percusións experimentais.
Luz Arcas é a cabra que acompaña ao xitano errante, a do show, a que baila para que el coma. É a mula coa que o labrego trilla, a burra de carga do azacán, a burra que transporta ao deus. O animal femia é o corpo do traballo, dá igual a era que atravese. O cante de Bonela Fillo, a guitarra de Bonela Chico, as palmas e zapateados de Carmen Riós, a corneta de Abraham Romero e a percusión de Carlos González alentan e animan a forza produtiva e o corpo de Arcas recrea de forma libre a potencia do animal.
Foto: Virginia Rota
Entradas xa á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ reducido para estudantes, desempregados e maiores de 65 anos). De non esgotarse, unha hora antes do evento na billeteira do Principal
(Venres) 20:30 – 21:30(GMT+02:00)
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
13abr20:0022:00RESOAN – GUADI GALÉGO ‘SÍNTESE HORIZONTE’ENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM
Un espectáculo que só levará ás taboas de 3 escenarios galegos exclusivamente. Levado as táboas en 3 escenarios gallegos exclusiamente. No mes
Un espectáculo que só levará ás taboas de 3 escenarios galegos exclusivamente. Levado as táboas en 3 escenarios gallegos exclusiamente.
No mes de setembro, Guadi Galego lanzaba co seu sinxelo O.D.A. unha mensaxe ao mundo: Estou tan viva. Sigo viva.
Logo da Roibén (2022) e dun tempo dunha simbólica ausencia nos escenarios do país, Guadi Galego segue a atravesar etapas e dá paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida existiu e persiste nela. Neste 2024 regresa cun novo espectáculo, Síntese Horizonte, expresamente concibido para representar, ao vivo, en tres únicas funcións sobre as táboas dos teatros de Galicia.
Síntese Horizonte é unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, Guadi foi aprendendo a desaprender do establecido. Agora, ela, acompañada dunha portentosa banda, e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena, confirmará o que desexabamos ver, sentir e escoitar: a firme crenza do poder transformador da música ao vivo.
Os prezos das entradas, xa á venda en Ataquilla.com é de 15€ anticipada no patio de butacas e 13€ no anfiteatro (ambas + gastos) e, de non esgotarse, na billeteira custarán respectivamente 18 e 16€ + gastos.
(Sábado) 20:00 – 22:00(GMT+02:00)
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos. De pequenos eran
Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. Roi marchou vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. No seu encontro en Sabucedo xorden outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón. Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.
Texto: Santiago Telmo e Carlos Losada.Dirección: Rocío Romero. Elenco: Borja Salgado e Santiago Telmo.
Duración: 65´
Entradas e abonos xa á venda en Ataquilla.com. As entradas, de no esgotarse na venda anticipada, estarán á venda unha hora antes na billeteira do Principal
(Xoves) 21:00 – 22:05(GMT+02:00)
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
12mai20:3021:45CICLO VOICES: MAHMOOD EN CONCERTOEntradas xa á venda en Ataquilla.com
O gañador de San Remo 2022 anunciou dezaseis datas en principais cidades de dez países, destacando Pontevedra coma unha das catro citas programadas na península.
O gañador de San Remo 2022 anunciou dezaseis datas en principais cidades de dez países, destacando Pontevedra coma unha das catro citas programadas na península.
Mahmood, un dos referentes da música actual en Italia, non para de cultivar éxitos tralos excelentes resultados obtidos con “Gioventù Bruciata” (disco de platino) e o éxito mundial de “Soldi” (4 certificacións de platino) co que gañou o Festival de Sanremo en 2019. Mahmood volveu a alcanzar o Top 10 das listas en 2020 con “Rapide” e “Dorado”, incluidos no seu último álbum “Ghettolimpo”, que tamén contén os singles “Inuyasha” e “Klan”. Mahmood ten hoxe 29 discos de platino e 7 de ouro en Italia, 6 discos de platino e 3 de ouro no estranxeiro.
O ciclo Voices, promovido polo Concello de Pontevedra, inaugura así a edición do próximo ano inaugura así a edición do próximo ano con este ambicioso espectáculo, traendo de novo a Galicia grandes artistas internacionais e posicionando á cidade como un espazo de referencia para acoller xiras de recoñecido prestixio.
Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a 30 euros (+ g.x.). Os menores de 4 a 12 anos dispondrán de entradas ó 50% do prezo xeral.
(Domingo) 20:30 – 21:45(GMT+02:00)
Auditorio do Pazo da Cultura
15mai20:0021:30O CMUS MANUEL QUIROGA NO PRINCIPALEntrada de balde ata completar cabida
(Mércores) 20:00 – 21:30(GMT+02:00)
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
29mai20:0021:30O CMUS MANUEL QUIROGA NO PRINCIPALEntrada de balde ata completar cabida
(Mércores) 20:00 – 21:30(GMT+02:00)
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
Categoría
Todo
Ambienta 2022
Animación de rúa
Animatrón 2022
Aquí cántase
Cine
Cinema e estrelas
Circo Contemporáneo
Clown
Con voz de muller
Conferencia
Congresos
Contacontos
Cursos e talleres
Danza
Danza
Desconecta
Documental
Domingos do Principal
Encontro
Entroido
Exposicións
Feira Franca
Feiras
Festa do demo
Festa dos Libros
Festas da Peregrina
Festas Verán
Festival de Jazz
Festixeve
Humor
Espectáculos
Itineranta
Masterclass
Maxia
Memorial Ricardo Portela
Mesturas
Música
Música de Bandas
Música de Cámara
Música sen Palabras
NADAL
Noites de monólogos
O son local
Obradoiro
Obradoiros-Charlas
Pianos
Poesía
Ponteatro
Roteiro
Salón do Libro
Santa Clara
Santiaguiño do Burgo
Senda Festival
Sete Falares
Sons no Retablo
Surfing The Lerez
Teatro
Trebellando na Alameda
Urbana Monte Porreiro
Localización do Evento
Todo
Auditorio do Pazo da Cultura
CITA (Centro Interpretación das Torres Arcebispais)
Conservatorio CMUS Manuel Quiroga
Convento de Santa Clara
Pazo da Cultura
Praza da Ferraría
Praza de España
Recinto Feiral
Sala de exposicións do Pazo da Cultura
Sala Karma
Sala multiusos do Principal
Salón Actos do Pazo da Cultura
Teatro Principal
Organizador
Todo
Cabos Soltos
Servizo de Infraestruturas Culturais
Teatro Principal