UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

SIMBIOSE_ O MÚLTIPLE QUE OCUPA O ESPAZO

08mai(mai 8)19:3030xuñ(xuñ 30)14:00SIMBIOSE_ O MÚLTIPLE QUE OCUPA O ESPAZOInauguración 8 de maio ás 19.30h. Mostra visitable no horario habitual de apertura da sala ata o 30 de xuño.

Detalles do Evento

_SIMBIOSE (PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA)
Na proposta expositiva _Simbiose, mergullámonos no universo da gráfica de campo expandido onde, os artistasseleccionados ocupan con distintos tipos de obras o espazo da sala, traballando desde a multiplexación, desde arepetición, a transformación e a idea de matriz xeradora de orixinais múltiples. Aquí, a repetición non só implica a reprodución, senón tamén a produción e a transformación continua que coloniza o espazo da instalación. En _Simbiose esta complexidade do múltiple que habita o espazo instalativo, móstranos visualmente, entre outras apreciacións, o concepto de serie como algo vivo, mutante, global, onde a idea de edición e o número entrelázanse coa vida para crear unha rede de posibilidades infinitas. Unha formulación expositiva que pretende ilustrar o modelo de complexidade sistémica da sociedade actual, o cal pode relacionarse coa arte desde os modelos temporais que expón a física cuántica, desde as dinámicas fractais naturais autoxenerativas ou desde a influencia das novas tecnoloxías na sociedade da información e a comunicación en rede contemporáneas.
Dentro deste espazo do posible, en _Simbiose tamén se explora a noción de pegada tanto na súa forma física ou dixital como conceptual. Observamos como a matriz física deixa unha marca tanxible, mentres que a matriz dixital desprégase nun reino intanxible pero igualmente influente. Os contrarios, como o positivo e o negativo, coexisten e compleméntanse, xerando unha transmisión de semellanzas inversas que amplían as fronteiras do concibible como orixinal múltiple. Neste contexto, xorden conceptos como o dobre investido, o dobre desdobrado e a imaxe especular, mutacións de manifestacións da multiplicación e que nos convidan, a través de determinádeas obras, á reflexión.
Doutra banda o espazo do invisible no múltiple revela a gran potencialidade latente que posúe a idea de estampa orixinal. A fragmentación descompón o todo en partes, desafiando a nosa percepción da unidade. En _Simbiose a frecuencia convértese na mensaxe, coa diseminación e o consumo moldeando a nosa comprensión do mundo que
nos rodea. Neste proceso, a memoria actúa como un vínculo entre a presenza e a ausencia, tecendo conexións entre o tanxible e o efémero.
No espazo intermedio do proceso, o contacto e a distancia xogan un papel crucial na dinámica da creación. Os procesos intermedios poñen o foco na impermanencia, na interdependencia dos estados e procesos da gráfica, onde o procedemento indirecto emerxe como identidade protagonista, revelando a imaxe latente que xace no profundo da superficie. Os soportes, tanto brandos como mutantes, exploran o equilibrio entre o baleiro e o cheo, desafiando as nosas percepcións convencionais da forma e a materia.

Horario de visita libre de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechadas.

Visitas guiadas en apuntate.pontevedra.gal

Obradoiros familiares en apuntate.pontevedra.gal

Hora

Maio 8 (Mércores) 19:30 - Xuño 30 (Domingo) 14:00(GMT+02:00)

Localización

Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Other Events