PONTEATRO: 'HELEN KELLER, A MULLER MARABILLA?' DE GRUPO CHÉVERE
Detalles do Evento
Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para o grupo, chamada Helen Keller, que se convirte nunha celebridade ao ser a primeira persoa xordocega
Detalles do Evento
Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para o grupo, chamada Helen Keller, que se convirte nunha celebridade ao ser a primeira persoa xordocega en obter un título universitario (1904). Pero ao investigar vanse descubrindo outras facetas desconcertantes da súa figura que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente, nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que Helen Keller é un fake, incluíndo unha petición para eliminala da historia…
Idea orixinal: Chusa Pérez. Dirección e dramaturxia: Xron. Elenco: Ángela Ibáñez, Patricia de Lorenzo e Chusa Pérez.
Duración: 80´
Espectáculo en lingua de signos (LSE) e lingua falada (galego) con textos proxectados en galego
Todas as funcións contarán con audiodescrición (6 dispositivos dispoñibles)
Entradas e abonos xa á venda en Ataquilla.com. As entradas, de non esgotarse na venda anticipada, estarán á venda unha hora antes na billeteira do Principal.
Hora
(Xoves) 21:00 - 22:20(GMT+02:00)
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra