UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

'O MONSTRO DE CORES' de a xanela do maxín

15nov18:3019:20'O MONSTRO DE CORES' de a xanela do maxínPASE ÁS 18.30H. ENTRADAS (4€) E ABONOS (9€) Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Monstro de Cores espertou confundido: as súas emocións mesturáronse. Coa axuda dunha nena curiosa vivirá unha aventura para aprender a recoñecer e expresar a alegría, a tristeza, o medo, a rabia e a calma. Baseado no libro de Anna Llenas, unha viaxe chea de cores, música e xogo.

Teatro de monicreques · A partir de 2 anos · 50 min

Entradas: 4 €. Abono para as 3 funcións: 9 € (máis gastos de tramitación). Venda anticipada en Ataquilla ata esgotar as localidades; o abono mércase exclusivamente por internet. Billeteira aberta 1 hora antes de cada función.

Para acceder ao recinto cada espectador debe ter unha entrada, independentemente da súa idade e de se ocupa ou non butaca. As funcións de Domingos do Principal teñen as butacas numeradas.

Venda de entradas e abonos en Ataquilla.com

Hora

15 novembro, 2026 18:30 - 19:20(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura