HEVIA NO PAZO DA CULTURA
07nov20:3022:30HEVIA NO PAZO DA CULTURA
Detalles do Evento
HEVIA vístese de gala para celebrar o 25 aniversario da concesión do Platinum Europe Award polo seu mítico disco “Tierra de Nadie” (distinción que se
Detalles do Evento
HEVIA vístese de gala para celebrar o 25 aniversario da concesión do Platinum Europe Award polo seu mítico disco “Tierra de Nadie” (distinción que se lles outorga aos artistas que venderon máis dun millón de discos nun ano en Europa), así como o dunha xira que levou a súa música a máis de 40 países.nHEVIA, o gaiteiro asturiano que revolucionou a música celta coa gaita electrónica e que máis discos vendeu no mundo, con tres millóns de copias, presenta en Pontevedra un concerto moi especial cunha potente banda, no que repasa os éxitos que o fixeron popular e que xa forman parte do repertorio folk internacional, algúns dos cales revisitou nun novo traballo discográfico.nÁs frautas e gaitas, tanto electrónica como acústica, súmanse as percusións tradicionais da súa irmá María José e o baixo eléctrico, a batería e os teclados da súa banda habitual.
Para a ocasión, HEVIA contará coas colaboracións especiais da *Banda de Gaitas Airiños de San Xulián, a Asociación Cultural Foula e a Agrupación Folklórica CELME.
Músicos no escenario:
José Ángel Hevia: frautas, gaita acústica e gaita electrónica.
María José Hevia: percusións.
Teclados: Rubén Rebolleda.
Baixo eléctrico: Paco Yebra.
Batería: Lauren Stradmann.
Entradas xa a venda nesta ligazón.
Hora
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura