UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

LER (EN) PONTEVEDRA

27out(out 27)19:0016dec(dec 16)19:00LER (EN) PONTEVEDRAINSCRICIÓNS EN APUNTATE.PONTEVEDRA.GAL

Detalles do Evento

Xa o dicía a cantiga, Pontevedra é boa vila, dá de ler a quen pasa! (ou algo semellante)

E tamén dá de ler a quen nela vive. Non hai mellor modo de celebrar a lectura que xuntándonos a falar de libros. Por iso decicimos botar a andar unha serie de encontros lectores arredor da nosa cidade. Obras de escritores e escritoras de Pontevedra ou lecturas que teñan Pontevedra como escenario.
Faremos unha xuntanza ao mes, en distintos espazos da cidade para celebrar, debater e opinar co autor ou autora da obra. Tamén faremos roteiros e otras actividades senlleiras arredor dos libros e a lectura na nosa cidade.

Que facer para participar? Ler a obra seleccionada e nscribirse no encontro a través do formulario da apuntate.pontevedra.gal

PRÓXIMOS ENCONTROS:

A pegada pontevedresa de Federico Garcia Lorca

A primeira cita será o martes 27 de outubro, ás 19.00 h, cun roteiro literario arredor de Seis poemas galegos e outras lecturas galegas de Federico García Lorca. A saída será desde a Praza da Estrela. Publicado en 1935, Seis poemas galegos é o único libro que Lorca escribiu nunha lingua distinta do castelán. Lembraremos as dúas visitas que o poeta fixo pola Boa Vila e destacaremos distintas lecturas que vinculan Lorca con Galicia.

Memoria histórica con Iria Morgade

O mércores 18 de novembro, ás 19.00 h, o Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo acollerá o encontro arredor de Quen escribirá a miña historia? (Galaxia), coa presenza da súa autora, a pontevedresa Iria Morgade Valcárcel. Doutora en Historia Contemporánea e investigadora da memoria e da represión franquista, Morgade gañou con esta obra o Premio Antón Losada Diéguez na categoría de creación literaria.

Xosé Monteagudo e unha historia de película

O mércores 16 de decembro, ás 19.00 h, tamén no Maruxa Mallo, será a quenda de Vémonos mañá (Xerais), con Xosé Monteagudo. A novela reconstrúe a historia de amor de Bibiano Fernández Osorio-Tafall, alcalde republicano de Pontevedra, e Josefina Arruti, que volven reencontrarse cincuenta anos despois. Monteagudo (Moraña, 1965) é autor de títulos como As voces da noticia, Un tipo listo ou Todo canto fomos, recoñecidos co Premio Blanco Amor, o García Barros e o San Clemente.

Hora

27 outubro, 2026 19:00 - 16 decembro, 2026 19:00(GMT+01:00)

Localización

Diversas ubicacións da cidade