UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

'A Arte no cómic' de Fundación Telefónica

08out(out 8)18:0011nov(nov 11)21:00'A Arte no cómic' de Fundación TelefónicaGrandes obras de pintura universal vistas por máis de 70 historietistas e ilustradores/as contemporáneos/as.

Detalles do Evento

A exposición, que permanecerá instalada na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra ata o 11 de novembro acolle máis de 250 obras entre as que atoparemos algunhas de historietistas galegos como Brais Rodríguez, Óscar Raña, Cynthia Alfonso, Jacobo Fernández Serrano, Fernando Llor, ou Miguelanxo Prado. Ademais, por primeira vez, poderá verse o cómic completo de María Herreros dedicado a Georgia O’Keeffe, editado polo Museo Nacional Thyssen Bornemisza. A mostra – que puido verse por primeira vez en España no Espazo Fundación Telefónica de Madrid en 2016 e, itinerou en 10 ocasións por diferentes centros do país antes de chegar a Pontevedra.

A entrada é libre ata completar aforo en horario de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h. e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Os luns a Sala permanecerá pechada.

Hora

8 outubro, 2021 18:00 - 11 novembro, 2021 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra