UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

AMAL EN RUTA - DO 2 AO 5 DE SETEMBRO NO PRINCIPAL

02set(set 2)21:0005(set 5)21:00AMAL EN RUTA - DO 2 AO 5 DE SETEMBRO NO PRINCIPALENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CABIDA

Detalles do Evento

Luns 2 setembro ás 21.00 h. no Teatro Principal

Entre as figueiras  ( Taht alshajra)  (FIC)

Erige Sehiri | 2022 | Tunisia, Francia, Suíza, Alemaña, Qatar | 92’

No noroeste de Tunisia, Sana, Fidé, Melek e Abdou traballan recollendo figos. Baixo o testemuño das árbores e co sol abrasador como pano de fondo, desenvolven novos sentimentos,discuten, coquetean e intentan entenderse. A horta convértese así nun teatro de emocións no que se representan os soños e asesperanzas de cada un deles.

Martes 3 setembro ás 21.00 h. no Teatro Principal

Conspiración no Cairo (Boy from Heaven) (FIC)

Tarik Saleh | 2022 | Dinamarca, Finlandia, Francia, Suecia | 126’

Adam, fillo dun humilde pescador, emprende unha viaxe ao Cairo para estudar na prestixiosa Universidade de Al-Azhar, centro de poder do Islam sunnita. Sen ser consciente, o rapaz converterase nun peón do conflito entre as elites relixiosas e políticas de Exipto.

Mércores 4 setembro ás 21.00 h. no Teatro Principal

O home que vendeu a súa pel (The Man Who Sold his Skin) (FIC)

Kaouther Ben Hania |2020| Tunisia| 104’

Sam Ali un mozo sirio sensible e impulsivo abandona o seu país e diríxese ao Libano para escapar da guerra. Con eses desexo de viaxar por Europa e reunirse co amor da súa vida, acepta tatuarse nas costas por un dos artistas contemporáneos máis destacados.  Ao transformar o seu corpo nunha prestixiosa obra de arte, Sam dase de conta, pouco a pouco, de que a súa decisión implica todo o contrario ao que inicialmente anhelaba: a liberdade

Xoves 5 setembro ás 18.30 h. no Teatro Principal

Pequena Palestina, diario dun asedio (Little Palestine, Diary of a Siege)  (DOC)

Abdallah Al-Khatib | 2021 | O Líbano, Francia, Qatar | 89’

O distrito de Yarmouk, en Damasco, Siria, foi o campo de refuxiados palestinos máis grande do mundo ata 2018. O réxime de Bashar Al-Assad considerábao un refuxio para rebeldes e terroristas, e comezou unha campaña de asedio sobre o territorio a partir do ano 2013. Neste escenario entra en xogo Abdallah Al-Khatib, que xunto aos seus amigos documentaron a vida cotiá dos habitantes asediados, dando lugar a esta película.

Xoves 5 ás 21.00 h. no Teatro Principal

O Caftán azul (Le Bleu du Caftan) (FIC

Maryam Touzani | 2022 | Francia, Marrocos, Bélxica, España | 122’

Halim, un xastre de mediana idade, dirixe coa súa muller un pequeno negocio na antiga medina de Salé, Marrocos. A relación entre eles, que oculta un gran segredo, vese afectada pola chegada dun mozo aprendiz, Youssef.

Hora

2 setembro, 2024 21:00 - 5 setembro, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra