UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

AS MATINÉS DO PRINCIPAL - A PEDREIRA

29out12:3014:00AS MATINÉS DO PRINCIPAL - A PEDREIRA

Detalles do Evento

A artista galega, Ugía Pedreira, coñecida como A Pedreira, traerá o seu primeiro traballo con firma propia, Segmento Cantábrico, no que combina instrumentos máis orgánicos do folk coa música electrónica vintage, e no que integra Spoken word, poesía e canción.

A Pedreira é unha desas artistas que son quen de crear tendencia en cada obra, tanto polo contido, como por estética ou ética. Das músicas máis queridas e admiradas de Galicia, cunha enorme intelixencia musical e entre as máis respectadas e escoitadas na profesión. 

Entradas para o concerto en Ataquilla.com a partir de 16+ gastos de xestión.

Abonos para todo o ciclo (Maria Arnal i Marcel Bagés e A Pedreira) a 30e+ gastos en Ataquilla.com

Menores de12 anos, 50% de desconto.

Hora

29 outubro, 2022 12:30 - 14:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra