UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

AS MATINÉS DO PRINCIPAL - MARIA ARNAL I MARCEL BAGÉS

08out12:3014:00AS MATINÉS DO PRINCIPAL - MARIA ARNAL I MARCEL BAGÉS

Detalles do Evento

Cando Maria Arnal i Marcel Bagés volveron empezar, sabían que o vento sopraba -e como sopraba!- de fronte. Pero tamén que o seu segundo álbum, CLAMOR (Fina Estampa, 2021), era (é) un milagre: unha fábula contra-pandémica que reivindica nosa propia vulnerabilidade; unha (hiper) utopía de pop mutante que renova por completo o imaxinario sonoro de 45 Cerebros y 1 corazón (2017).

A raíz desa música que agora nace electrónica en Clamor, é a tradición á que acoden, esa que permite convivir no escenario a composicións do seu primeiro repertorio, que soaron seguidas, coas máis recentes. Continuidade sen sobresalto inspirada nun sentido permanente. Un espectáculo para os sentidos.

Entradas para o concerto en Ataquilla.com a partir de 16+ gastos de xestión.

Abonos para todo o ciclo (Maria Arnal i Marcel Bagés e A Pedreira) a 30e+ gastos en Ataquilla.com

Menores de12 anos, 50% de desconto.

Hora

8 outubro, 2022 12:30 - 14:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra