UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

CANCELADO!!!Benquerer- Fran Sieira Báilalle a Caamaño&Ameixeiras

22mai21:0022:30CANCELADO!!!Benquerer- Fran Sieira Báilalle a Caamaño&AmeixeirasA canle de venda realizará a devolución automática do importe das entradas.

Detalles do Evento

Evento cancelado. A plataforma de venda de entradas xestionará automáticamente a devolución do importe.

Agradecemos a compresión

Benquerer, querer, querer ben e quererse ben son algúns dos termos nos que afonda o novo espectáculo de Fran Sieira, desta vez, acompañado en directo polo dúo galego ligado á música e ao baile de raíz, Caamaño&Ameixeiras.

Desde un punto de vista case autobiográfico, a peza cuestiona que é quererse ben a un mesmo. É posible benquerer outras persoas sen quererse ben? Algunha vez antepoñemos o benquerer ao querernos ben? Ata que punto a benquerenza pode ser real se non vai acompañada de amor e respecto propio? Todos estes cuestionamentos fanse tamén dende as marxes, sempre con perspectiva de xénero.

O auto-coidado emocional é o eixe central sobre o que xira este novo proceso creativo tan persoal e íntimo para o creador, onde a través do seu propio relato detallará a importancia do coidado, de quererse ben, de aceptarse e respectarse a un mesmo.

Intérpretes: Antía Ameixeiras, Sabela Caamaño e Fran Sieira | Dirección artística: Fran Sieira e VACAburra (Gena Baamonde e Andrea Quintana) | Coreografía: Fran Sieira e Andrea Quintana | Música: Caamaño&Ameixeiras | Iluminación: Fidel Vázquez | Vestiario: Érica Oubiña | Espazo escénico: Fran Sieira | Espazo sonoro: Isaac Millán | Dinámica posfunción: Nancy Silva e Thais Núñez | Fotografía: Aigi Boga | Cartaz: NoveNoel | Folleto: Sol Álvarez | Distribución: Urdime.

Hora

22 maio, 2026 21:00 - 22:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra