UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Charla sobre Literatura Infantil e RESPONSABILIDADE SOCIAL

20set19:0020:00Charla sobre Literatura Infantil e RESPONSABILIDADE SOCIALEntrada libre ata completar cabida

Detalles do Evento

Organizada pola libraría Seijas con colaboración do Concello de Pontedra e o Salón do Libro, tres editoriais independentes chegan ao Principal para falar de Literatura Infantil e responsabilidade social. Esta charla pretende ser un dos posibles puntos de partida para iniciar o debate sobre temas sociais, históricos e políticos, no marco dunha boa literatura infantil ilustrada.

“Na literatura infantil parece que se desenvolveu unha especie de tabú “político ou social”. En A Buen Paso, Ekaré e Libros del Zorro Rojo, entre outras editoriais, pensamos que con elas se pode e se debe promover un diálogo sobre todos os temas que lles afectan directa ou indirectamente, dende o máis complicado ata o máis sinxelo (que moitas veces son os mesmos), sempre que se faga co respecto e a sensibilidade que merecen e de acordo co seu grao de madurez.

Os nenos e nenas medran en sociedades complexas, son bombardeados por multitude de estímulos e discursos e necesitan referentes para poder reflexionar sobre o mundo que habitan e o seu lugar nel. Falaremos dalgúns títulos que poden axudar tanto a construír esa conversa como a estimular nas nenas e nenos o desenvolvemento do pensamento autónomo e crítico, sobre cuestións sociais, históricas e políticas, sen descoidar nunca o pracer da lectura, porque estamos convencidos de que A primeira responsabilidade social das editoriais dirixidas á infancia é publicar boa literatura.”

Destinada a mediadores de literatura xuvenil (pais, nais, familias, libreirxs, ilustradores/as, profesorado, etc.) ten entrada libre ata completar cabida

Hora

20 setembro, 2023 19:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala multiusos do Principal