Ciclo de Concertos 'Que non pare a música'
12nov(nov 12)21:0014(nov 14)18:30Ciclo de Concertos 'Que non pare a música'
Detalles do Evento
Os vindeiros 12, 13 e 14 de novembro celébrase no recinto feiral de Pontevedra a primeira edición do ciclo de concertos Que non pare a música!
Detalles do Evento
Os vindeiros 12, 13 e 14 de novembro celébrase no recinto feiral de Pontevedra a primeira edición do ciclo de concertos Que non pare a música!
O ciclo arranca o venres día 12 ás 21:00h. con algúns dos grupos con letras reivindicativas máis potentes de Galicia: o grupo de rap Sondarúa, a banda punk-rock Dakidarría e os trapeiros Boyanka Kostova. O prezo desta primeira xornada será de 12€. Entradas aquí.
O sábado ás 21:00h. será a quenda dos sons indies cos pontevedreses La Casa de los Ingleses e o cantante e compositor catalán Carlos Sadness, que será un dos pratos forte do ciclo de concertos. Prezo 18€. Entradas aquí.
Para a xornada final do domingo, celebraráse, a partir das 11:30h., unha sesión vermú coas bandas pontevedresas Furious Monkey House e Cora Velasco. O prezo da entrada será de 5€. Ás 18:30h. pechará o ciclo Baiuca, un dos grandes nomes do panorama musical galego actual con entradas á venda aquí a un prezo de 10€.
A organización pon a disposición do público un número limitado de bonos a un prezo de 25€.
O ciclo Que non pare a música! entra dentro das axudas do Xacobeo 21-22 e da Xunta de Galicia ás empresas musicais, uns dos sectores máis perxudicados pola pandemia. Conta tamén co apoio do Concello de Pontevedra, VibraMahou e Deleite.