UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

CICLO JAZZ NO PRINCIPAL - PACO CHARLÍN E SPJ MEETING

26out21:0022:30CICLO JAZZ NO PRINCIPAL - PACO CHARLÍN E SPJ MEETING

Detalles do Evento

Seminario Permanente de Jazz. Entradas á venda aquí. Prezo 3€

Nace en Vilanova de Arousa o 19 de Decembro do 1975. A sua formación musical escomeza aos 8 anos de idade con diferentes mestreas de solfeo e baixo eléctrico, pasando mais tarde a formarse en diversas escolas de música como o Estudio Escola de Música (Santiago de Compostela) ou Escola Obradoiro
(Pontevedra). En 1995 e 1996 é becado por “Estudio Escola de Música” para participar nos “Sixth e Seventh IASJ Jazz Meeting” realizados en Tel-Aviv (Israel) e Copenhague (Denmark), dirixidos pola “International Association of Scholls of Jazz” (IASJ).

No ano 1996 obtén duas becas da máis prestixiosa universidade de Jazz e música moderna do mundo, a “Berklee College of Music”, trasladándose a Boston, Massachussets (USA) para perfeccionar os seus estudios musicáis, onde ademáis compaxina na mesma cidade asignaturas electivas no “Roxbury Community College”. Destaca mencionar a sua dobre licenciatura en Bass Performance & Jazz Composition, (Bachelor of Music, degree) con mención honorífica (Magna Cum Laude), e o premio “The Charles Mingus Award of Outstanding Musicianship” no ano 2000, concedido pola universidade ao músico mais destacado de cada promoción.
Moitos dos músicos cos que ten gravado e acompañado nestos últimos anos son: Mark Turner, Sheila Jordan, Orrin Evans, Chris Cheek, Ambrose Akinmusire, Miguel Zenon, Lage Lund, Paquito D’Rivera, Jaleel Shaw, Marcus Strickland, Jonathan Kreisberg, Walter Smith III, Aaron Goldberg, John Riley, Mike Moreno, Frank Lacy, etc…
Actualmente, compaxina a docencia no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, ademáis de actuar en diferentes festivais tanto a nivel estatal como nos internacionáis; Grecia, Cuba, Uruguay, Dinamarca, Israel, Estados Unidos, Arxentina, Tánger, Helsinki, Isla de Madeira, etc… Paco Charlín… “un dos mais firmes valores da nova xeración de músicos de Jazz do noso país, tanto por a súa firmeza como acompañante, como por a súa expresividade de ideas como solista, sin olvidar as suas virtudes técnicas dun instrumentista de probada eficacia”…

Hora

(Mércores) 21:00 - 22:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Other Events