UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

CICLO JAZZ NO PRINCIPAL - Abe Rábade e SPJ Talents

12out21:0022:30CICLO JAZZ NO PRINCIPAL - Abe Rábade e SPJ TalentsEntradas á venda en Ataquilla.com proximamente. Prezo 3€

Detalles do Evento

Seminario Permanente de Jazz. Entradas á venda aquí. Prezo 3€

Abe Rábade naceu en Santiago de Compostela en 1977. Iniciou os estudos musicais no Conservatório Histórico de Santiago, e proseguiunos no centro de jazz “Estudio escola de música”, tamén en Compostela. Entre 1995 e 1999 realizou estudios no Berklee College of Music (Boston, Estados Unidos), onde obtivo unha Licenciatura cum laude en Composición de Jazz e Piano. Realizou estudios de composición con Antón García Abril de 2012 a 2016 na Escola de Altos Estudios Musicais de Compostela.
Desde 1996 lidera un trío de jazz acústico. Desde 2008 a sección rítmica do trío é estable, con Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería). Realiza tamén habitualmente concertos e gravacións a piano solo ou en formatos máis amplos, com instrumentos de vento – principalmente quinteto e septeto así como con bigband ou orquestra ou banda sinfónica.
Editou como líder os discos: Babel de Sons (2001), Simetrías (2002), GHU! Project vol.1 (2004), Playing on Light -7 sounding photos- (2006), Open Doors (2008), Abe Rábade Piano Solo (2009), Zigurat (2010), A Modo (2012), VerSons (2013), galardoado com o Prémio Martín Códax na Categoria de Jazz e Músicas
Improvisadas, Tránsitos (2015), Once (2016), Doravante (2018), Sorte (2021) e Botánica (2022).
Algúns dos músicos cos que tocou e/ou gravou son: Jesús Santandreu, Miguel Zenón, Bob Mintzer, Perico Sambeat, Jorge Pardo, Chris Kase, Avishai Cohen, Alan Ferber, Toni Belenguer, Kurt Rosenwinkel, Claudia Acuña, Deborah Carter, Carlos Barretto, Javier Colina,T erri Lyne Carrington, Bill Goodwin, Jeff Williams, Skip Hadden ou Jeff Ballard. Tocou na maior parte dos festivais de jazz do estado español e deu concertos
nos Estados Unidos, Reino Unido, Cuba, Finlandia, Brasil, Chile, Costa Rica,
El Salvador, Guatemala, México, Francia, Alemaña, Suíza, Portugal, Marrocos, China e Bangladesh.
É co-diretor do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (Galiza) desde o ano 2001. Desde 2009, ensina no curso de Jazz da Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo, no Porto. Desde 2019 tamén é docente no Centro Superior de Música de Galicia (en Valga).
Realizou as seguintes encomendas como compositor sinfónico: Tránsitos, obra en 4 movementos realizada para a Real Filharmonía de Galicia e estreada en 2015 no Auditorio de Galicia baixo a direción de Paul Daniel. Tempos Velados, obra sinfónica en 4 movementos realizada para a Real
Filharmonía de Galicia e estreada en 2017 no Auditorio de Galicia baixo a direción de Paul Daniel.
É autor de máis de 200 composicións orixinais nos estilos jazz, clásica e músicas do mundo

Hora

(Mércores) 21:00 - 22:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Other Events