CICLO VOICES: MAHMOOD EN CONCERTO
12mai20:3021:45CICLO VOICES: MAHMOOD EN CONCERTOEntradas xa á venda en Ataquilla.com
Detalles do Evento
O gañador de San Remo 2022 anunciou dezaseis datas en principais cidades de dez países, destacando Pontevedra coma unha das catro citas programadas na península.
Detalles do Evento
O gañador de San Remo 2022 anunciou dezaseis datas en principais cidades de dez países, destacando Pontevedra coma unha das catro citas programadas na península.
Mahmood, un dos referentes da música actual en Italia, non para de cultivar éxitos tralos excelentes resultados obtidos con “Gioventù Bruciata” (disco de platino) e o éxito mundial de “Soldi” (4 certificacións de platino) co que gañou o Festival de Sanremo en 2019. Mahmood volveu a alcanzar o Top 10 das listas en 2020 con “Rapide” e “Dorado”, incluidos no seu último álbum “Ghettolimpo”, que tamén contén os singles “Inuyasha” e “Klan”. Mahmood ten hoxe 29 discos de platino e 7 de ouro en Italia, 6 discos de platino e 3 de ouro no estranxeiro.
O ciclo Voices, promovido polo Concello de Pontevedra, inaugura así a edición do próximo ano inaugura así a edición do próximo ano con este ambicioso espectáculo, traendo de novo a Galicia grandes artistas internacionais e posicionando á cidade como un espazo de referencia para acoller xiras de recoñecido prestixio.
Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a 30 euros (+ g.x.). Os menores de 4 a 12 anos dispondrán de entradas ó 50% do prezo xeral.
Hora
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura