CINECLUBE PONTEVEDRA NOVEMBRO - 3,4,11 E 18
03nov(nov 3)20:3018(nov 18)20:30CINECLUBE PONTEVEDRA NOVEMBRO - 3,4,11 E 18
Detalles do Evento
O Cineclube Pontevedra comeza a programación do mes de novembro coa proxección en copia restaurada dun dos máis belos filmes que
Detalles do Evento
O Cineclube Pontevedra comeza a programación do mes de novembro coa proxección en copia restaurada dun dos máis belos filmes que deu o cinema: A quimera do ouro, de Charles Chaplin, no ano en que se celebra o centenario da súa estrea en Hollywood. Esta sesión, que terá lugar o luns 3 de novembro, realízase en colaboración coa Filmoteca de Galicia. Os martes do mes, pola súa banda, estarán dedicados á exhibición de tres filmes estreados en salas durante este ano: a ópera prima do director arxentino Federico Luis, a primeira incursión na ficción do reputado documentalista Roberto Minervini e o último traballo do mestre chinés Jia Zhangke.
Condicións de acceso, no seu web.
LUNS 3
A QUIMERA DO OURO
Dir. Charles Chaplin
EE UU, 1925, 96, VO
MARTES 4
SIMÓN DA MONTAÑA
Dir. Federico Luis
Arxentina, 2024, 98′, VO
MARTES 11
OS MALDITOS
Dir. Roberto Minervini
EE UU, 2024, 88′, VOSE
MARTES 18
Á DERIVA
Dir. Jia Zhangke
China, 2024, 111′, VOSE
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra