UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

CINECLUBE PONTEVEDRA - RETRATOS FANTASMA

23set20:3022:00CINECLUBE PONTEVEDRA - RETRATOS FANTASMAASÓCIATE AO CINECLUBE

Detalles do Evento

RETRATOS FANTASMA
Retratos fantasma, Kleber Mendoça Filho, 2023
Brasil, 93 min., VOSE. Lingua orixinal: portugués

Como en tantas cidades do mundo ao longo do século XX, millóns de persoas asistiron ao cinema no centro de Recife. Co tempo, as ruínas das grandes salas revelan algunhas verdades sobre a vida en sociedade. Retratos fantasma é unha viaxe íntima a través da memoria de Kleber Mendoça que narra a evolución da sétima arte na súa cidade, Recife; un exercicio de arqueoloxía do cinema que nos achega, a través de anécdotas persoais, fragmentos das súas obras e imaxes de arquivo, a cuestións como a xentrificación, a conciencia de clase ou a loita política.

Especial Screening en Cannes 2023
Candidata brasileira a Mellor Filme Internacional nos Oscar 2023

Toda a información para asociarse ao cineclube no seu blog

Hora

23 setembro, 2024 20:30 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra