Concerto Aninovo da OFCP con solista e Ballet de Galicia
01xan19:3021:00Concerto Aninovo da OFCP con solista e Ballet de Galicia1 de xaneiro ás 19:30h.
Detalles do Evento
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, protagonizará o vindeiro 1 de Xaneiro de 2022, no Pazo Da Cultura de Pontevedra o seu tradicional concerto de Aninovo, baixo a dirección de Roberto Baltar.
Detalles do Evento
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, protagonizará o vindeiro 1 de Xaneiro de 2022, no Pazo Da Cultura de Pontevedra o seu tradicional concerto de Aninovo, baixo a dirección de Roberto Baltar. A orquestra interpretará estractos da obra maestra de Bizet, acompañada pola mezzosoprano Nuria Lorenzo, onde se poderá gozar da beleza das melodías e instrumentacións de Carmen, un dos mellores libretos de ópera da Historia. E como non, unha segunda parte inspirada na paisaxe Vienesa, onde soarán valses e polcas, interpretadas con artístico esmero e coa colaboración do prestixioso Ballet de Galicia, baixo a dirección do coreógrafo Diego Landín. Un conxunto impecable que rematará co palmeo do público neste primeiro espectáculo cultural do ano.
Entradas xa á venda en Ataquilla.com a partir de 10€ + gastos.
Hora
Localización
Pazo da Cultura
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra