CONCERTO ANINOVO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE PONTEVEDRA
Detalles do Evento
A Orquestra Sinfónica de Pontevedra, protagonizará o vindeiro 1 de Xaneiro de 2024, ás 19:30h no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra o seu
Detalles do Evento
A Orquestra Sinfónica de Pontevedra, protagonizará o vindeiro 1 de Xaneiro de 2024, ás 19:30h no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra o seu tradicional concerto de Aninovo, baixo a batuta do mestre David Fiuza.
Nesta ocasión a orquestra estará acompañada nunha primeira parte polo magnífico cantautor berciano Amancio Prada, distinguido por universalizar a música, a letra e a cultura galega; a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e as Pandereiteiras da Agrupación Folclórica Tequexetéldere.
A orquestra interpretará unha Versión sinfónica a modo de Suite dos 6 Poemas Galegos de Federico García Lorca, extractos de música galega, onde se poderá gozar da beleza dos cantos, melodías en instrumentacións da nosa terra. E como non, unha segunda parte na que gozaremos dos valses e polcas inspiradores da Paisaxe Vienesa.
Entradas xa á venda en Ataquilla.com a partir de a prezos entre os 10€ e os 15€ + gastos e, de non esgotarse, 1h. antes na billeteira do Auditorio do Pazo da Cultura
Hora
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura