UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Concerto Aninovo - Orquestra Sinfónica de Pontevedra

01xan19:3021:00Concerto Aninovo - Orquestra Sinfónica de PontevedraEntradas xa á venda en Ataquilla.com

Detalles do Evento

A Orquestra Sinfónica de Pontevedra, protagonizará o vindeiro 1 de xaneiro de 2025, ás 19:30h no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra o seu tradicional concerto de Aninovo, baixo a batuta da mestra Renata Oliveira. Nesta ocasión a orquestra estará acompañada polo cuarteto músico- teatral Píscore, no que se interpretarán un conxunto de obras clásicas e bandas sonoras, acompañadas dos vales e polkas do noso tradicional Concerto de Aninovo. Un grandísimo concerto no que poderemos gozar da nosa música clásica fusionada cuns toques de humor que nos farán comezar o ano con risas e diversión, tan imprescindibles para alimentar a nosa alma

Entradas xa á venda anticipadamente en Ataquilla.com a prezos de 15 e 12 € + gastos (12 e 10€ para persoas desempregadas, estudantes e maiores de 65). De non esgotarse, tamén unha hora antes na billeteira do Auditorio.

Hora

1 xaneiro, 2025 19:30 - 21:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura