UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Concerto de Primavera 'Cantares e contares' da agrucación Tres Pesos coa colaboraión dos grupos de baile e música tradicional do Campus de Pontevedra

20mar20:3021:30Concerto de Primavera 'Cantares e contares' da agrucación Tres Pesos coa colaboraión dos grupos de baile e música tradicional do Campus de PontevedraEntradas na Casa das Campás ata as 19.30 horas do día 20 de marzo

Detalles do Evento

O Teatro Principal acolle o Concerto de Primavera do campus de Pontevedra, que a Vicerreitoría promove coa colaboración do Concello. A actuación correrá a cargo da formación de música tradicional Tres Pesos, que protagonizará un espectáculo centrado no seu traballo Cantares e contares, dedicado á tradición das cantareiras do rural. O trío integrado por Felisa Segade, Xosé Antón Ferreira e Xoán Porto estará acompañado en varias das pezas polos grupos de baile e música tradicional do campus.

O concerto verase precedido, ás 20.00 horas, por unha actuación conxunta ás portas do teatro das e dos integrantes da aula permanente de música tradicional do campus e da escola de música e baile tadicional do Concello de Outes.

Aberto a toda a cidadanía, as invitacións para asistir a este concerto poden recollerse ata o 18 de marzo nas conserxerías das diferentes facultades e escolas do campus e da sede da Vicerreitoría. De non esgotarse, o propio día do concerto estarán dispoñibles na Casa das Campás, ata as 19.30 horas. 

Hora

20 marzo, 2026 20:30 - 21:30(GMT+01:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra